21 de Julio, Día Mundial del Perro

A intención do Día Mundial do Can non é só lembrarnos a un dos mellores amigos da nosa infancia e quizais, o noso mellor amigo actual.

Ao longo dos séculos, o Can gañouse con suor a súa definición como “Mellor amigo do Home” prestándonos innumerables servizos e colaborando connosco en todo tipo de tarefas.

Agora, cando algúns dos traballos ancestrais dos nosos cans xa non son tan necesarios, incorporáronse outros tan relevantes como a axuda cotiá a persoas con capacidades diversas, a terapia ou a alerta médica, incluíndo a detección do COVID-19, o auxilio ás Forzas de Seguridade….é cando máis importante é que logremos que o Home se converta, de verdade, no mellor amigo do Can.

Co motivo da celebración do Día Mundial do Can, a etóloga canina Pilar Albizu Moreno dedicou unha charla na Residencia Mimosas do Grove. Dende ACADOG quixemos ser partícipes desta experiencia, amenizándolle a tarde a os nosos maiores coa colaboración dos nosos voluntarios Mimo e Wes 🐶💝🐾

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *