Proposta de Proxectos

Presentado no Concello de O´Grove
PROPOSTA DE PROXECTOS DA ASOCIACIÓN CANINA DO GROVE

A Asociación Canina do Grove (A.CA.DO.G) propón a creación e desenrolo de entornos naturais de esparcemento e ocio canino.
O obxectivo de ampliar ou crear espazos e entornos destinados ao ocio canino, non e outro que a de ofrecer zonas lúdicas para os animais e as persoas, zonas onde poder favorecer a educación, a sensibilización, o respecto e o civismo, zonas que reflictan, de cara ao turismo, o carácter “PetFriendly” que ostenta o Concello do Grove e en definitiva zonas que melloren o benestar do  noso pobo, sempre dende o traballo e o bo facer polo que esta Asociación avoga e que poñemos a disposición neste dosier.
Entendemos que a creación destes espazos pode resultar inquírante e implica a cohesión doutros estamentos públicos que dependen directamente das mesmas, tanto no ámbito económico como medioambiental. Pero dende esta Asociación traballamos e comprometémonos a colaborar conxuntamente coas diferentes administracións para evitar que estas zonas sexan simples latrinas para cans ou se produza o deteriorio das mesmas.
Dentro da Asociación entendemos que é máis doado educar que prohibir, e confiamos en que coa colaboración das administracións, persoas e propietarios de cans, poidamos facer deste pobo un exemplo de interacción social e animal, onde a educación e a convivencia non só quede dentro destes recintos ou espazos, senón que se traslade as rúas e comercios do Grove.
A continuación detallamos as zonas que polas súas características, entornos e viabilidade económica, resultan máis axeitados e accesibles.

ZONA DE ESPARCEMENTO CANINO ( uso recreativo e educativo )  PARCELA MUNICIPAL
➢ Posibles situacións xeográficas: Zona verde situada ao lado do centro comercial O Redondo da Illa da Toxa (aprox. 7000 m2)

                               

➢ Tipo de pechado: Valado de madeira tratado en autoclave (aprox. 300m) resistente ao tempo e condicións climáticas.
➢ Iluminación: Puntos de luz (alumeado público tipo focos con temporizadores).
➢ Tomas de auga potable: Dúas tomas para a hidratación dos animais e a limpeza no caso de ser necesaria.
➢ Limpeza: Contedores de lixo orgánico ou papeleiras ( compostoiros?? ).
➢ Servicios adicionais: Bancos ao redor do recinto para lecer e descanso dos usuarios (zonas de sombra).
➢ Mantemento da zona de esparcemento: Desbrozado e control de plagas periódico ( pulgas, carrapatas…) da zona.

➢ Normatividade:
• Manter controlada a súa mascota.• Non molestar os demais usuarios.
• Recoller os excrementos e diluír os ouriños.
• Ter os animais censados co microchip e tarxeta de vacinación actualizada.
• Os cans incluídos en razas perigosas deberán estar atados e con bozal
• Respectar o entorno natural.
• As cadelas en celo non poden acceder ao recinto para evitar calquera problema.

PRAIAS CANINAS ( uso recreativo e educativo para cans )
➢ Posibles situacións xeográficas:

➢ Obxectivos: Dispor de un espazo natural para o esparcemento, educación e sensibilización dos cans, respectando as normas de civismo.
➢ Tomas de auga potable: Unha toma de auga para hidratación dos cans.
➢ Limpeza: Contedores de lixo orgánico ou papeleiras ( ¿composteiros? ).
➢ Servicios adicionais:
• Dispensadores de bolsas para cans.
• Ducha para cans (non está permitido o uso de xeles orgánicos ou inorgánicos)
➢ Mantemento da Praia Canina: Cribado dos areais e control de plagas periódico (pulgas, carrapatas ou procesionaria no caso de ser necesario…) dos mesmos.

➢ Normatividade:
• Manter controlada a súa mascota.
• Non molestar os demais usuarios da Praia.
• Recoller os excrementos e diluír os ouriños nos areais.
• Ter os animais censados co microchip e tarxeta de vacinación actualizada.
• Os cans incluídos en razas perigosas deberán estar atados e con bozal.
• Respectar as zonas e espazos de marisqueo.

SERVICIOS DE AUGA NOS PASEOS MARÍTIMOS
➢ Situacións xeográficas:
• Paseo marítimo de Beiramar
• Paseo marítimo de Lordelo

➢ Obxectivos: Dispor de servicios básicos para os cans ao longo dos paseos marítimos

➢ Tomas de auga potable: Unha toma de auga para hidratación dos cans ao longo de cada paseo marítimo.

PRAIAS CON HORARIO LIMITADO PARA CANS ( uso recreativo e educativo para cans )
➢ Posibles situacións xeográficas:

➢ Obxectivos: Dispor de un espazo natural para o esparcemento limitado fora dos horarios de uso de bañistas.

➢ Normatividade:
• Prohibido o acceso o areal fora dos horarios de uso canino acotado ( de 08:00h a 22:00h )
• Manter controlada a súa mascota.
• Non molestar os demais usuarios da Praia.
• Recoller os excrementos e diluír os ouriños nos areais.
• Ter os animais censados co microchip e tarxeta de vacinación actualizada.
• Os cans incluídos en razas perigosas deberán estar atados e con bozal.
Respectar as zonas e espazos de marisqueo.

ANDAINAS CANINAS ( ocio e deporte )

➢ Posibles situacións xeográficas:
• Comprobar viabilidade de rutas de sendeirismo, tales como: Ruta de Adro Vello, Ruta dos Muiños, Ruta vella da Siradella, Ruta do rio Rasoeiro, Ruta e Feáns, Paseo de San Vicente
• Rutas para facer CanyCross…
• Posibilidade de poder indicar a accesibilidade ou non.

ACCESIBILIDADE A HOSTELERÍA E OUTROS NEGOCIOS
• Creación, por parte da asociación, dun distintivo de accesibilidade para os cans.
Fomentar o turismo canino e as súas vantaxes.
• Redactar unha guía de servicios e entornos destinados ao turismo canino.
• Poder ofrecer solucións ou outras opción a aqueles negocios que non poidan ou prefiran facer unha adaptación parcial para o acceso de mascotas

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *