Eventos realizados

🪅 Can naval 2023 🎭

A Asociación Canina Do Grove (Acadog) organiza o vindeiro domingo 26 de Febreiro o CanNaval, con saída ás 11.00 horas desde a Praza do Corgo.
Acode co teu can disfrazado e participa neste divertido concurso. Dende a Asociación Canina do Grove (ACADOG) convidámosvos ao “Cannaval 2023”
Faremos un recorrido cos peludos disfrazados, saíndo de dita carpa na Praza do Corgo, pasando polas diferentes rúas do pobo como a Platería e a rúa Castelao.
Ao final do paseo haberá unha entrega de premios aos disfraces máis orixinais, os cales serán decididos por 6 persoas que compoñen o xurado.

🐶 Só lle falta falar

Charla teórico-práctica de COMUNICACIÓN CANINA, baseada no estudo do comportamento por observación con evidencias científicas.
-Que nos din nos@s cadel@s ?
-Como se comunican entre eles ?
-Falaremos de vocalizacions, marcaxes, miradas e moito máis…
Ademais veremos casos prácticos con dinámicas que analizaremos en directo.

🎵🎶 Musical benéfico ¡MAMMA MÍA!

Mamma Mia! represéntase no Auditorio de O´Grove
O domingo 21 de maio a partir das 20.00 horas, o Auditorio de O´Grove acollerá unha versión do musical Mamma Mia! que pretende divertir ao público coas versións das cancións de Abba.
Mabel Oroso é a encargada de dirixir esta montaxe creada por persoas afeccionadas ao teatro e á música, coa colaboración da asociación Wakea.
Este evento ten como fin solidario obter fondos para diferentes protectoras de animais da zona, A Canceira de Poio, Os Palleiros Pontevedra, Asociación Canina do Grove, Difusión Felina Pontevedra.

🎉 Can-Naval 2024 Desfile 👣🐾
🐕 Concurso 🐶

Estamos traballando para solucionar algún imprevisto como o tema da Carpa, xa que este ano o Concello non a instala no Corgo.
O percorrido 🐾🐾🐾 está previsto como o ano pasado, saíndo do Corgo pasando polo día catorce e baixando por Platería regresando ao Corgo para o concurso e a entrega de premios, cortesía de Don Can 🐶👍
Ao remate da entrega de premios, GULA colabora cun aperitivo para os asistentes ao recinto, bebida aparte 🧑‍🍳😉
⚠️IMPORTANTE⚠️
🌧️ EN CASO DE CHUVIA SUSPENDERASE O EVENTO 🌧️

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *