Acta Fundacional «Asociación Canina do Grove» ✍️

Na localidade de O Grove, o día dez de Febreiro do ano dous mil vinte e dous ás dezaoito horas, reúnense as persoas que a continuación se detallan, como promotoras da «Asociación Canina do Grove».

María Ferreiro Enríquez con DNI no 76709506-K e domicilio en rúa Castelao, n0 148, porta 1 0C na localidade de O Grove, teléfono 640.969.144 e nacionalidade Española.

Noelia Iglesias Iglesias con DNI no 77413346-S. e domicilio en Lugar da Pousada, no 17, na localidade de O Grove, teléfono 645.216.160 e nacionalidade Española.

Luis Javier Fernández Aguín con DNI no 35448656-K e domicilio en rúa Peralto, n087, piso 20 na localidade de O Grove, teléfono 600.829.364 e nacionalidade Española.

Henrique Escalante de Lima con NIE no x2976239-Q e domicilio en rúa Luis Seoane, n041, porta I OD na localidade de O Grove, teléfono 622.687.486 e nacionalidade Portuguesa.

Miguel Soutullo Meis con DNI no 76870217-P e domicilio en rúa Luis Seoane, n059, porta 1 0C na localidade de O Grove, teléfono 635.761.766 e nacionalidade Española.

María del Carmen Núñez Vázquez con DNI no 35452602-B e domicilio en Avenida de Portugal, n024, piso 30D na localidade de O Grove, teléfono 680.873.414 e nacionalidade Española.

ACORDAN:

Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ao abeiro do artigo 22 da Constitución e de conformidade coa Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, que se denominará «Asociación Canina do Grove»

Aprobar os estatutos polos que se vai rexer a asociación, que foron lidos neste acto e aprobados por unanimidade das persoas asistentes.

Designar como titulares da Xunta Directiva da asociación, as seguintes persoas:

Presidente/a: María Ferreiro Enríquez con DNI no 76709506-K

Secretario/a: Henrique Escalante de Lima con NIE no x2976239-Q.

Vicepresidente/a: Noelia Iglesias Iglesias con DNI no 77413346-S

Tesoureiro/a: Luis Javier Fernández Aguín con DNI no 35448656-K.

Vogais: Miguel Soutullo Meis con DNI no 76870217-P

Vogais: María del Carmen Núñez Vázquez con DNI no 35452602-B

Remata a sesión ás vinte horas.

Para que conste e en proba de conformidade co manifestado, asinan as persoas reunidas este o documento no lugar e data arriba indicados.

 

———————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

 

ACTUALIZACIÓN

 

Asunto: Resolución de inscrición da xunta directiva

Expte: PR308A/2023/933

Con data 28 de decembro de 2022 recibiuse a solicitude de inscrición da modificación da xunta directiva, formulada por MARIA FERREIRO ENRIQUEZ en nome e representación da

ASOCIACIÓN CANINA DO GROVE, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra, co núm. 2022/24982-1, e tendo en conta os seguintes FEITOS:

Único. Xunto coa solicitude presentouse acta ou certificación do acordo adoptado pola asemblea xeral da Asociación en data 11 de novembro de 2022, na que consta a identidade das persoas titulares da xunta directiva ou órgano de representación da entidade, e os seus respectivos cargos, coa seguinte composición:

Presidente/a MARIA FERREIRO ENRÍQUEZ

Vicepresidente/a NOELIA IGLESIAS IGLESIAS

Secretario/a JOSE ANTONIO SANTAS FERNÁNDEZ

Tesoureiro/a LUIS JAVIER FERNÁNDEZ AGUIN

Vogal MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ VÁZQUEZ

Vogal MIGUEL SOUTULLO MEIS

 

CONSIDERACIÓNS LEGAIS

Primeiro. O artigo 22 da Constitución española recoñece o dereito de asociación, a Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, recoñece e regula o dereito de asociación e o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións, establece os requisitos substantivos e de carácter formal que deben cumprir este tipo de entidades para seren inscritas.

Segundo. O Decreto 336/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións e espectáculos públicos, respectivamente, polos reais decretos 1639/1996 e 1640/1996, ámbolos dous do 5 de xullo, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; e o Decreto 276/1997, do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e o funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, determinan a competencia rexistral desta Administración en materia de asociacións.

Terceiro. En aplicación desta normativa, unha vez examinada a documentación incorporada ao expediente, considérase que cumpre os requisitos establecidos para a súa inscrición no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma.

Cuarto. Esta Xefatura Territorial é competente para resolver este procedemento, en virtude do Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Vistos os preceptos legais citados e demais normas de xeral aplicación,

 

RESOLVO:

 

Inscribir as persoas titulares da xunta directiva ou órgano de representación da ASOCIACIÓN CANINA DO GROVE de conformidade co expresado no feito único desta resolución, e depositar no Rexistro a documentación preceptiva para os efectos de publicidade previstos no artigo 22 da Constitución. Esta inscrición non exonera as persoas interesadas do cumprimento da normativa vixente reguladora das actividades necesarias para o desenvolvemento dos fins estatutarios.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes, de acordo co disposto na Lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Pontevedra, na data da sinatura dixital

O xefe territorial

Ramón Pereiro Santín

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *